Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

Os polígonos industriais de Castiñeiras no Concello de Bueu e Monte Afieiras no Concello de Moraña disporán de Rede Wimax para acceder á banda larga a partir de mañá martes, 30 de novembro. Os municipios incorpóranse ao proxecto WIMAX en polígonos industriais e parques empresariais que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para paliar as carencias no acceso a internet de banda larga nestes puntos. As deficiencias no acceso a unha rede de calidade nestas zonas provocan unha diminución considerable na capacidade das empresas alí radicadas para competir...
A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, impartiu durante o 2010 un total de 1.600 horas de formación a diferentes colectivos xudiciais nas catro provincias galegas. Este proceso de formación é unha das liñas estratéxicas do Plan Senda 2014 para a modernización da Xustiza, xa que é o pilar fundamental para lograr a adaptación dos usuarios aos novos sistemas de información e a implantación de novos avances tecnolóxicos no ámbito xudicial. A formación no 2010 centrouse nas aplicacións para a xestión procesual Minerva Nox, Fortuny, Lexnet, no sistema de...
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, recalcou hoxe no Parlamento que o Goberno galego “non deu nin un paso atrás no seu compromiso de impulsar o software libre” e incidiu na idea de “implantar do software de estándares abertos nunha administración da dimensión da autonómica require dun proceso progresivo e paulatino”. En resposta a unha pregunta parlamentaria, a responsable de novas tecnoloxías do Goberno galego indicou que “non se pode rachar dun día para outro coa infraestrutura tecnolóxica preexistente na Xunta”. Neste sentido, Mar Pereira destacou que...
O Peirao de Trasatlánticos da Estación Marítima de Vigo acolle dende hoxe mesmo e ata o 29 de decembro a exposición itinerante e interactiva da Secretaría Xeral de Medios “Galiciadixital” que ademais dos seus contidos habituais, como o tiraboleiro virtual ou o xogo “Aerodeslizadores por Compostela”, acolle tamén outros relacionados co 25 aniversario da CRTVG. A mostra poderá visitarse gratuítamente en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, agás mañá, día 24 de decembro pola tarde e o 25, que permanecerá pechada. Esta tarde, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, a...
Os cidadáns galegos poden realizar xa todos os trámites para o pago dos impostos sobre a vivenda por vía telemática. A Consellería de Facenda ven de habilitar a posibilidade de que o contribuínte, ou o seu representante, cumpra de forma telemática todos os trámites relativos ao Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AXD). Neste marco, a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente do Consello Xeral do Notariado, Antonio Ojeda Escobar; e co decano do Colexio Notarial de Galicia, José Manuel Amigo...
O Centro Tecnolóxico do Mar está a participar nun novo proxecto europeo, “Marleanet”, que persegue a mellora da formación marítima no espazo Atlántico e a creación dunha rede de centros de formación que mellore a capacitación dos profesionais do mar e propicie un coñecemento adaptado ás necesidades deste ámbito e da seguridade marítima. Coordinado polo Centre Européen de Formation Continue Maritime (CEFCM) de Concarneau (Francia), o proxecto “Marleanet” conta coa participación doutros cinco socios, xa que ademais da Fundación CETMAR toma parte nesta iniciativa europea o Cork Institute of...
O parque empresarial de Lourenzá, no Concello de Lourenzá, xa dispón da posibilidade de acceso ao servizo de banda larga de calidade grazas ao Plan levado a cabo pola Xunta de Galicia. Este parque empresarial atópase no ámbito territorial da actuación de extensión de redes fixas de alta capacidade do Plan Banda Larga, que está a desenvolver a Xunta a través da Secretaría Xeral de Modernización. Esta actuación facilitará o acceso a internet a máis de 80.000 persoas de 398 núcleos de poboación así como á maior parte dos servizos públicos sen banda larga e aos parques empresariais e polígonos...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a posta en marcha do proxecto Abalar, unha iniciativa para esta lexislatura que ten como principal finalidade implementar as tecnoloxías da información e da comunicación en todos os centros educativos galegos, integrando plenamente as novas tecnoloxías na práctica educativa cotiá. Trátase dunha actuación que, segundo resaltou Feijóo, pretende estender as súas actuacións ao longo dos próximos catro anos, ata lograr o obxectivo de “87.400 alumnos con portátil, 4.400 aulas informatizadas e chegar a 1.085 centros informatizados con...
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto que establece o marco de desenvolvemento da administración electrónica na Administración pública galega. O obxectivo final é garantir aos cidadáns a posibilidade de relacionarse telemáticamente coas administracións públicas aforrando custes e tempo evitando e independentemente do lugar onde vivan e do nivel administrativo desde o que inicien a tramitación (entidade local, provincial, autonómica…). Trátase de conseguir unha administración, máis transparente e aberta aos cidadáns as 24 horas os 365 días do ano Estrutura e ámbito de aplicación O...
A Xunta de Galicia leva investidos un total de 28 millóns de euros en recursos humanos no sistema galego de investigación e innovación, o que demostra a forte implicación e aposta do Goberno galego neste eido. Esta aposta, como vai ocorrir coa próxima convocatoria de prazas do programa Parga Pondal, será en todo momento consensuada e definida cos centros destinatarios, para obter un sistema dimensionado correctamente. O Goberno da Xunta ten como un dos seus retos e obxectivos máis inmediatos a xestión axeitada do talento investigador e innovador como elemento fundamental para conseguir unha...

Páxinas