Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, acollerá os próximos 19, 20 e 21 de xaneiro un laboratorio práctico orientado a formar a profesionais en ferramentas que permitan incorporar á empresa solucións de seguridade corporativa. O curso vai dirixido a persoal ocupado, dos sectores público e privado, e responsables técnicos dos sistemas de seguridade. En total, terá un máximo de 15 participantes, que se poderán inscribir ata o próximo 31 de decembro. A selección realizarase priorizando as solicitudes dos responsables que proporcionen un...
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, acollerá en Santiago de Compostela, entre os días 25 de xaneiro e o 12 de febrero de 2010 un curso dirixido a todos os estudantes e profesionais que queiran empregar Blender, a ferramenta libre de deseño profesional 3D. Xa sexa para un desenvolvemento persoal ou laboral. Cun contido eminentemente práctico, oriéntase á creación de obxectos en 3D, desde o debuxo inicial da forma ata o render final dunha animación. Durante o curso farase un percorrido polos diversos apartados de creación 3D do programa...
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, acollerá en Santiago de Compostela, entre os días 25 de xaneiro e o 12 de febrero de 2010 un curso dirixido a todos os estudantes e profesionais que queiran empregar Blender, a ferramenta libre de deseño profesional 3D. Xa sexa para un desenvolvemento persoal ou laboral. Cun contido eminentemente práctico, oriéntase á creación de obxectos en 3D, desde o debuxo inicial da forma ata o render final dunha animación. Durante o curso farase un percorrido polos diversos apartados de creación 3D do programa...
A Consellería de Economía e Industria vén de resolver axudas por valor de un millón de euros para proxectos levados a cabo por empresas galegas co obxectivo de desenvolver produtos e servizos tecnoloxicamente innovadores en relación co Xacobeo 2010. En total, subvenciónanse dez accións recollidas na edición de hoxe do Diario Oficial de Galicia (DOG).O financiamento achegado por Economía e Industria a través da Dirección Xeral de I+D+i céntrase nas iniciativas orientadas a darlle soporte aos turistas, peregrinos e público en xeral relacionado coa celebración do Ano Santo mediante as...
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, avanzou hoxe no Parlamento que o Goberno galego integrará nunha soa rede as diferentes redes de telecentros existentes, de tal xeito que por primeira vez Galicia terá un modelo territorial único de recursos para a sociedade de información. En resposta a unha interpelación parlamentaria, o conselleiro recordou que ata agora coexistían a Rede de Dinamización da Sociedade da Información –dependente da anterior Consellería de Innovación e Industria- e a Rede de Telecentros de Comunicación da Xunta –da Dirección Xeral...
A Secretaría Xeral de Medios achega unha vez máis as novas tecnoloxías aos maiores a través da exposición itinerante Galiciadixital, que permanecerá aberta na Residencia Mixta de Maiores de Caranza, en Ferrol, ata o vindeiro 27 de decembro. A mostra, organizada pola Secretaría Xeral de Medios, en colaboración coa Secretaría Xeral de Familia e Benestar, poderá visitarse gratuitamente en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, agás o venres 25, que permanecerá pechada. A mostra chega a Ferrol dende o Centro Sociocomunitario do Calvario, en Vigo, onde recibiu a visita de máis de dúas...
O vindeiro martes 22 de decembro inaugúrase na Residencia Mixta de Maiores (R/ Pardo Bazán, s/n. Pol. de Caranza - Ferrol) a exposicición itinerante Galiciadixital, organizada pola Secretaría Xeral de Medios, en colaboración coa Secretaría Xeral de Familia e Benestar.O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo, inaugurará a exposición ás 11.00 horas. O delegado estará acompañado polo subdirector xeral de Promoción da Autonomía Persoal, Modesto Rouco, ademáis doutras autoridades e colectivos locais.A Secretaría Xeral de Medios, decidiu achegar esta exposición itinerante a...
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, garantiu, durante a presentación, este mediodía, da terceira edición do libro ‘Sistemas de información: Herramientas prácticas para la gestión’, “o compromiso e a aposta decidida do Executivo autonómico por abrir espazo ao talento galego”.Neste senso, Mar Pereira lembrou, na súa intervención, que “o Goberno da Xunta sabe que as novas tecnoloxías son un magnífico instrumento para lograr o progreso económico da nosa comunidade, así como unha oportunidade para conseguir a cohesión social interna e potenciar a Galicia...
A Xunta de Galicia, a través do subdirector xeral de Calidade, Interoperabilidade e Seguridade, Xaime Barros, insistiu hoxe, durante o acto de presentación do Servicio de Respuesta ante Incidentes de Seguridad de la Información para las Administraciones Públicas do Centro Criptológico Nacional, na importancia de traballar na seguridade e na eliminación de riscos no transvase de información a través da Administración electrónica. Dito obxectivo -engadiu- debe manifestarse no dobre papel de lograr a correcta adecuación á normativa de protección de datos de carácter persoal, e no establecemento...
A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías (Eganet) convocou onte, por sexto ano consecutivo, os Premios Eganet, co obxecto de recoñecer o labor de profesionais e empresas galegas que traballan con tesón no desenvolvemento do sector TIC en Galicia. Con esta iniciativa Eganet quere promover e servir de plataforma de lanzamento para os proxectos realizados de xeito íntegro por empresas galegas no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións, dando a coñecer a todos os sectores da sociedade galega os resultados das empresas de Galicia neste ámbito....

Páxinas