Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

Representantes de Nokia, Nagra e Technicolor mostrarán os alicerces sobre os que se asentan os novos contidos dixitais e que tecnoloxías sustentan a súa comercialización, distribución e protección no panel  "Construíndo a base para os contidos dixitais do futuro". Esta mesa celebrarase o 24 de xaneiro durante a primeira xornada do evento internacional DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) o  Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego (CLAG). Moderados polo presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez do...
O encontro DICO Summit 2017 premiará a creatividade e a orixinalidade de propostas de novos produtos e servizos vinculados aos contidos dixitais co concurso de ideas “Na busca do talento dixital”. Está dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos, na categoría de “mozo adulto”, e a rapaces de entre 14 e 18 anos na categoría de “mozo”. Ata o día 23 de xaneiro ás 17.00 hs. calquera mozo nese rango de idade poderá presentar a súa proposta de ideas, aplicable aos contidos dixitais en calquera ámbito co requisito de que sexan orixinais e se diferencien doutros produtos ou servizos comerciais que poidan...
Os interesados en coñecer as últimas novidades da animación, os videoxogos e as aplicacións actuais e futuras da Realidade Aumentada e da Realidade Virtual teñen unha cita o 24 de xaneiro no DICO Summit 2017. Catro especialistas de recoñecido prestixio nestas áreas participan ese día no panel “Os contidos dixitais gañan a partida”. Simon Smith de Studio Lidell, Steve Hanton de Studio Distract e Luca Conesa de MefistoFiles e Luigi Renna, integrante da Comunidade VRManchester, moderados polo director de Innovación Digital de Mardy Bug, Enrique Parga, conforman unha das seis mesas que terán...
A Xunta de Galicia pon á disposición dos cidadáns o sistema de notificacións electrónicas Notific@, que permite o envío de notificacións fidedignas con acuse de recibo e selo electrónico da Xunta, que confirma tanto o acceso como o rexeitamento da notificación. A implantación deste servizo é un dos requirimentos da lei 30/2015, que entrou en vigor o pasado 2 de outubro e que  establece a obrigatoriedade de relacionarse de xeito electrónico coa Administración para determinados colectivos (persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica, profesionais con colexiación obrigatoria e...
A inscrición ao evento DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, xa está aberta desde hoxe a través do enlace http://dicosummit.eventbrite.com. Os días 24 e 25 de xaneiro, a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia, reunirán na Cidade da Cultura a profesionais e representantes de empresas de referencia como Technicolor e Nokia, entre outros, para abordar as últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos. Ao longo de dúas xornadas, Dico...
O Servizo Galego de Saúde vén de poñer en marcha SIGUE (Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificios), un sistema pioneiro para a localización e guiado de pacientes no interior de varios dos seus centros. Deste xeito, a través dunha aplicación (app) móbil, os pacientes poderán orientarse dentro do Hospital Lucus Augusti e do Hospital Álvaro Cunqueiro do mesmo xeito que habitualmente se utiliza en exteriores mediante o sistema GPS. A aplicación, xa dispoñible para a súa descarga gratuíta na App Store de Apple e en Google Play, permite ofrecer un servizo de localización no...
A iniciativa “Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura”, impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para achegar as tecnoloxías da información a nenas e nenos, estrea unha nova web: www.rapacinos.gal e www.rapacinas.gal. O novo espazo web, accesible a xente sen coñecementos técnicos, inclúe os seguintes contidos: personaxes fundamentais na historia da informática, 10 razóns para estudar informática, saídas profesionais, onde realizar os estudos, consellos de navegación segura e o xogo “A quen te...
O Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pechou 2016 con máis de 100 actividades realizadas dirixidas, fundamentalmente, ás pemes para mostrarlles os beneficios da integración das TIC aos seus negocios. Máis de 460 empresas e case 1.500 persoas asistiron a algunha destas actividades. Ademais, o CDTIC serviu de escaparate a 60 empresas TIC galegas que colaboraron co centro en diversas accións de formación e demostración tecnolóxica. Para dar testemuña dos servizos que o CDTIC presta ás empresas galegas, varios xerentes de empresas, usuarias do...
Os xulgados de Santiago dispoñen dun novo equipo de videoconferencias desde este mes, dentro do proceso de reforzo e ampliación deste sistema previsto pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no marco do Plan Senda 2020. Xunto cos xulgados de Santiago, que rexistraron preto de 500 videoconferencias neste ano, tamén contan con novos terminais de videoconferencia os xulgados da Coruña, Betanzos e Vigo. Estas catro sedes xudiciais concentran preto da metade das videoconferencias rexistradas en 2016. Ademais, o partido xudicial de Caldas de Reis incorporouse ao sistema de...
A difusión das últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos son dous dos obxectivos de DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, un evento promovido pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia no marco do programa Viraxe TIC. Os días 24 e 25 de xaneiro o Edificio CINC da Cidade da Cultura acollerá este encontro, que ofrecerá catro tipo de actividades complementarias. Por un lado, os paneis e intervencións de entidades e profesionais de...

Páxinas