Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

A entrega de Premios do Concurso “Na busca do Talento Dixital” puxo fin hoxe ao DICO Summit 2017, o foro sobre contidos dixitais, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego (CLAG). O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, xunto coa directora da Amtega, Mar Pereira  e os presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez del Corra, e do Audiovisual, Jorge Algora, foron os encargados de entregar os premios e clausurar o evento. As TIC, chave na Educación e na difusión da...
Os directores do Igape, Juan Cividanes, e de Amtega, Mar Pereira, inauguraron esta mañá a segunda xornada do DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017 que se desenvolveu na Cidade da Cultura. Ao abeiro da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 que está a desenvolver a Xunta, Cividanes salientou a importancia dos avances na dixitalización para asegurar e consolidar melloras para que as pemes galegas sexan máis competitivas. Cividanes manifestou que sen dixitalización será practicamente imposible asegurar o futuro das empresas e engadiu que un dos retos está en rachar a barreira entre online...
Máis de 360 persoas asistirán hoxe e mañá aos relatorios e paneis do evento Dico Summit 2017, o primeiro foro internacional sobre contidos dixitais que se celebra en Galicia. O encontro arrancaba esta mañá na Cidade da Cultura coas intervencións dos responsables das tres entidades organizadoras. A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; o presidente do Clúster Audiovisual de Galicia (CLAG), Jorge Algora, e o presidente do Clúster TIC, Antonio Rodríguez del Corral, lembraron que o DICO Summit é a primeira das actuacións do Programa Viraxe TIC,...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre mañá o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no DOG, con 180 prazas para o curso de teleformación preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar no mes de xuño. Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame. O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con...
A primeira convocatoria do programa ReAcciona TIC impulsado pola Amtega e o Igape facilitará o acceso de 65 pemes galegas, das cales preto do 80% son microempresas, a servizos de dixitalización empresarial e Industria 4.0. Está previsto que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publique o próximo luns a resolución da concesión destas axudas aos servizos de asistencia, diagnose e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 do Programa ReAccionaTIC. Os servizos de impulso á empresa dixital serán prestados ás pemes beneficiarias a prezos reducidos por axentes...
A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia, organizan o 24 e o 25 de xaneiro o evento DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, un foro que reunirá na Cidade da Cultura a profesionais e representantes de empresas de referencia, para abordar as últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos. Ao longo de dúas xornadas, DICO Summit 2017 ofrecerá catro tipo de actividades complementarias. Por un lado, os paneis e intervencións de 30 entidades...
O evento DICO Summit, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o Cluster TIC e o Clúster Audiovisual galego, abre as súas portas o vindeiro 24 de xaneiro con dúas xornadas nas que se tratarán as últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos. A directora xeral de History Channel Iberia, Carolina Godayol, e o director de Afiliados, Medios Dixitais e Investigación de Viacom, Daniel Muñoz, inauguran o evento, o día 24, co relatorio “Contidos Dixitais nun mundo conectado”. O creador de Unicoos...
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza o día 2 de febreiro a actividade formativa “Descubre as vantaxes que Facebook pode achegar ao teu negocio” (https://cdtic.xunta.gal/rrss-facebook), que se levará a cabo nas súas instalacións en horario de 16.00 a 19.00 horas. Os asistentes coñecerán os beneficios que as redes sociais poden achegar aos negocios, especialmente Facebook, e as súas utilidades e aplicacións: fanpages, tipos de contidos, xestión dunha comunidade, messenger etc. Esta sesión está destinada principalmente a empresas e...
A segunda xornada do DICO Summit 2017, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o Clúster TIC e o Clúster do Audiovisual Galego (CLAG), centrarase no impacto dos contidos dixitais noutros sectores económicos e nos negocios dixitais. A través de diferentes casos de éxito en ámbitos tan dispares como a téxtil, a acuicultura, a alimentación ou a saúde, a educación ou o turismo porase de manifesto que a nova economía tamén é dixital. Exemplos de economía dixital Para amosar o impacto dos contidos dixitais e as tecnoloxías relacionadas, representantes de...
O mercado dos contidos dixitais ofrece novos modelos de negocio, novas formas de distribuír e consumir. Un amplo abano de desafíos e de oportunidades que implica a operadores de telecomunicacións, canles e grupos de comunicación e plataformas de distribución. Unha destacada  representación destes axentes da man de Vodafone, Orange, Euskaltel, Andorra Telecom, PRISA INN, Wuaki TV e RTVE  abordarán estas cuestións no panel “Novas Plataformas e Medios”, que se celebrará durante a primeira xornada do DICO Summit, o vindeiro 24 de xaneiro. "Novas plataformas e medios" O panel, moderado polo...

Páxinas