Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

“Debemos pensar nas telecomunicacións como posible catalizador para reconverter o sistema produtivo galego, saír vigorosos da crise e iniciar a segunda modernización de Galicia”. Son palabras do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na reunión do Pleno do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia, que presidiu esta mañá en Compostela, e no que avanzou as reformas normativas que a Xunta porá en marcha para fortalecer o sector das telecomunicacións e do audiovisual en Galicia. O titular da Xunta remarcou a “urxencia de robustecer as telecomunicacións en Galicia”, e...
A Xunta de Galicia pon en marcha hoxe a versión inicial da súa nova páxina web institucional, no que constitúe o primeiro fito visible do desenvolvemento do proxecto ‘Galicia na rede’. Este programa, que foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado mes de xullo, continuará a desenvolverse nos vindeiros meses co obxectivo de establecer un novo modelo da presenza da Administración pública galega na Internet. O redeseño conceptual e visual de www.xunta.es busca converter o portal institucional na ferramenta de referencia da Administración fronte á cidadanía, un primeiro paso cara á nova posición...
Ata o de agora existían símbolos e logotipos diversos, determinados pola diversidade de entes e organismos que integran o sector público autonómico, que podían producir confusión e falla de identificación, e non ofrecían unha visión homoxénea na súa proxección exterior, nas súas manifestacións externas e na súa relación cos cidadáns. O obxectivo do decreto é que, a través dun esforzo de estandarización, a imaxe da Xunta actúe como un elemento de cohesión, moderno e homoxéneo, facilmente recoñecible para os cidadáns e para o resto das institucións. Os elementos básicos da imaxe son o símbolo...
Sostén que se trata dun “importante desafío” no fomento do uso das TIC nos sectores produtivos e socias, e dun instrumento “clave” de competitividade e de estímulo da demanda e da dinamización do sector tecnolóxico galego Apela á cooperación e á lealdade institucional entre os gobernos para establecer políticas que garantan un acceso de calidade ás TIC e que permitan superar a brecha dixital Indica que no tramo de idade entre os 16 e os 24 anos, Galicia adianta en dous puntos á media de España na utilización do ordenador e na conexión a Internet Destaca o “espectacular protagonismo” do sector...
A Secretaría Xeral de Modernización publicou no DOG de 21 de outubro a resolución do 14 de outubro de 2009, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación e Innovación Tecnolóxica, pola que se publica a relación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se aprobaron as bases reguladoras e se convocaron as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 (procedemento administrativo IN520a). As axudas...
A Secretaría Xeral de Modernización publicou no DOG de 21 de outubro a resolución do 14 de outubro de 2009, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación e Innovación Tecnolóxica, pola que se publica a relación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se aprobaron as bases reguladoras e se convocaron as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 (procedemento administrativo IN520a). As axudas...
O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, novos procedementos, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias. Neste caso, os novos procedementos incorporados son os seguintes: - Axudas para proxectos de enerxías renovables - Axudas para aforro e eficiencia...
Publicouse no DOG de 23 de setembro a resolución do 4 de setembro de 2009, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se convoca a contratación, suxeita a regulación harmonizada polo procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo de implantación de aplicacións na Administración de Xustiza en Galicia. O importe de contratación é de 605.172,41 € (IVE excluído), mentres que o IVE é de 96.827,59 €. O prazo de execución é de doce meses. DOG nº187 de 23 de Setembro de 2009 DOG nº187 de 23 de Setembro de 2009  
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de resolver a convocatoria de axudas a proxectos de investigación, dinamización e innovación educativa das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC’s), coas que impulsará o desenvolvemento de Proxectos 2.0 en centros educativos de Galicia durante o curso 2009/2010. Quince iniciativas de distintos institutos e colexios galegos recibirán axudas por un valor total de máis de 56.000 euros. Ademais do apoio económico, dotarase aos centro de asesoramento para o profesorado, a través dos Centros de Formación e Recursos, de tal forma...
Explica que as micropemes galegas, as de menos de 10 empregados, presentan un nivel baixo de equipamento tecnolóxico e de presenza na Rede, nove puntos menos ca media estatal. Destaca a importancia do proxecto ‘DifundeTic’ posto en marcha coas empresas TIC de Galicia, un sector que debe converterse nun axente clave do desenvolvemento económico e social da Comunidade. Este proxecto desenvolverase nos polígonos industriais e parques empresariais galegos a través dunha unidade móbil equipada con 12 ordenadores, un cañón proxector e pantalla para demostracións. A dinamización no emprego das...

Páxinas