Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

A segunda convocatoria de ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ permanecerá aberta ata o próximo 2 de xullo. Este programa, impulsado por Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ofrece apoio e formación a iniciativas empresariais de innovación social dixital. ‘Connecting for Good Galicia’ está dirixido a emprendedores e/ou PEMES de recente creación cuxos proxectos de negocio contribúan á innovación social, en concreto, aqueles que resolvan algún reto social no ámbito da educación, saúde,...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta (Amtega), Mar Pereira, destacou hoxe que o incremento da seguridade na rede é unha das prioridades da Axenda Dixital de Galicia 2020, que se plasma no Plan Director de Seguridade TIC 2015-2020. A máxima responsable da política tecnolóxica autonómica inaugurou hoxe en Santiago a II Xornada de Ciberseguridade de Galicia, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Informática (CPEIG). Pereira sinalou que os ciberataques xeran un dobre prexuízo, o que causan directamente aos afectados e o clima de desconfianza que xeran na...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe o inicio da tramitación da Lei de administración dixital de Galicia que permitirá un marco normativo único e ofrecer servizos máis sinxelos e eficaces. Trátase dunha lei que dotará á Comunidade dun marco legal único que recollerá todos os aspectos necesarios para acadar unha Administración 100% dixital. Nel vanse sistematizar todos os decretos, ordes e outras disposicións sobre as relacións administrativas dixitais que a Xunta vén elaborando desde o ano 2010, poñendo fin á dispersión normativa que hai na actualidade para lograr unha...
Un total de 180 persoas participarán mañá xoves, 1 de xuño e o venres, 2 de xuño, nas probas de avaliación presenciais para  obter a certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX), da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado 15 de marzo, pon fin á actividade formativa que se desenvolveu nos últimos tres meses e na que estes alumnos puideron resolver dúbidas e obter os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, presidiu hoxe en Santiago o Pleno do Observatorio para a Sociedade da Información (Osimga), no que deu conta do Plan de Traballo do Osimga para 2017, fixo balance da situación da Sociedade da Información en Galicia, en base aos últimos datos do Observatorio e avanzou as actuacións dos dous primeiros anos de execución das medidas da Axenda Dixital de Galicia 2020. Ademais de realizar novos informes de carácter xeral sobre a penetración das TIC en fogares, empresas, sector TIC e Administración, o...
O programa Vodafone Connecting for Good Galicia concedeu hoxe 35.000 euros aos dous mellores proxectos tecnolóxicos da súa convocatoria 2016. Estes recoñecementos foron outorgados no acto de clausura da primeira edición do programa, que tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura, presidido polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta, Francisco Conde, e que contou coa presenza do director de Administracións Públicas de Vodafone, Diego Torrico, e do director xeral da Fundación Vodafone España, Santiago Moreno. Connecting for Good Galicia é un programa impulsado por Vodafone e a...
O 30% dos inscritos nas oposicións de Educación optaron pola vía telemática. O prazo para inscribirse nestes procesos selectivos para o ingreso nos diferentes corpos docentes convocados pola Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria rematou o pasado 9 de maio, segundo o recollido no DOG do 17 de abril de 2017. Ao longo do período de inscrición, 14.449 participantes rexistraron a súa instancia no sistema de xestión de oposicións proporcionado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Este ano por primeira vez as persoas interesadas puideron rematar o...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o Plan de Acción en Software Libre 2017, que recolle un total de 110 actuacións para promover a reutilización de software na administración pública, impulsar unha oferta de solucións libres e de calidade para as empresas, e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade. Ao igual que nos restantes plans anuais, parte das súas actuacións desenvolveranse en colaboración cos principais axentes do sector a través de acordos de colaboración. Así a Amtega vén de renovar, cunha dotación conxunta de 125.000...
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza dúas sesións de formación relacionadas co software libre. Cos títulos “Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa” e “Liberación de software: como se fai e por que é interesante para a miña empresa”, impartiranse nas instalacións do Centro en Santiago de Compostela en horario de 10.00 a 13.30 horas os días 23 e 30 de maio respectivamente. Ambos os seminarios serán impartidos por Pablo Sanxiao, consultor especializado en software...
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a integración de 70 bibliotecas e axencias de lectura municipais no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Esta actuación enmárcase nos traballos que están a desenvolver o departamento de Cultura da Xunta de Galicia e mais a Amtega para implantar na Rede de...

Páxinas