Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, e o director xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social, Arturo Parrado, mantiveron a pasada semana unha reunión de traballo coa directora xeral de Planificación e Innovación Social da Consellería de Servizos e Dereitos Sociais, Nerea Eguren; e a directora xeral de Planificación Sanitaria da Consellería de Sanidade de Asturias, Mª Concepción Saavedra, que se achegaron a Galicia para coñecer de primeira man a iniciativa da Historia Social Única Electrónica (HSUE), que está a desenvolver...
O tecido empresarial galego incrementou o gasto en bens e servizos TIC entre 2014 e 2015. O crecemento máis significativo rexistrouse nas microempresas cun aumento do 45%, pasando de 26 millóns de euros a case 38 millóns de euros. Nas empresas de 10 ou máis empregados o investimento pasou de 63 millóns de euros a 72,8 millóns, o que supón un crecemento do 15%.  As microempresas destinan máis recursos aos bens TIC, mentres que as empresas de 10 ou máis traballadores destinan a maior parte do gasto a servizos e consultas TIC. Son datos recollidos no informe “A Sociedade da Información nas...
O Plan de Banda Larga da Xunta facilitará este ano o acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps a 4 polígonos da provincia de Ourense. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e a delegada da Xunta en Ourense, María Sol Díaz. As actuacións do Plan comezaron en 2016 e xa hai 3 polígonos da provincia que dispoñen deste servizo, que se estenderá a outros 4 en 2018. Ademais, como complemento a esta actuación, a Amtega vén de abrir unha convocatoria de axudas para dotar de redes...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)  abordarán nunha xornada as oportunidades que ofrece a transformación dixital; crearán unha wiki sobre a Historia da Informática en Galicia; celebrarán un ciclo de xornadas sobre os perfís dixitais que xorden das novas tendencias tecnolóxicas e ofrecerán formación especializada en TIC para empregados públicos, estudantes e familias. Son as liñas de colaboración recollidas no convenio que veñen de asinar a directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) colaborarán na celebración da VII Xornada de Informática Xudicial e Delitos informáticos, segundo se recolle no acordo asinado recentemente pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPETIG, Marcos Mata. O convenio contempla como novidade a celebración do I Congreso de Xestión de Proxectos de Software e a continuidade de accións formativas sobre Seguridade Informática e Scratch. Informática xudicial e delitos informáticos O acordo...
O Plan de banda larga da Xunta facilitará este ano o acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps a 7 polígonos da provincia de Lugo. Así o anunciaron esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de R, Alfredo Ramos, e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. As actuacións do Plan comezaron en 2016 e xa hai 1 polígono da provincia que dispón deste servizo, que continuará estendéndose a outros 7 en 2018. Unha vez completado o Plan, o 85% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes...
Tras o éxito do Programa “AceleraTIC, pensa en futuro, actúa en dixital”, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha, en colaboración coa Escola de Negocios Afundación, o Programa AceleraTIC+, que se presentará o vindeiro 4 de abril na Cidade da Cultura nunha xornada que leva por título “Como o ecosistema dixital transforma os modelos de negocio?” (https://cdtic.xunta.gal/aceleraticp). Este programa, que naceu para facilitar a transformación dixital das pemes galegas, intégrase nas actividades do Centro Demostrador TIC da Amtega e abranguerá diferentes...
O Plan de Acción 2017 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), establece 40 programas, dotados con preto de 83 millóns de euros para consolidar unha administración intelixente e eficiente, dixitalizar os sectores económicos chave de Galicia, impulsar o sector TIC e estender redes ultrarrápidas na Comunidade. O Plan foi aprobado esta semana no Consello Reitor da Axencia, presidido polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. Na xuntanza do máximo órgano da Amtega, a súa directora, Mar Pereira, destacou o grao de cumprimento do Plan 2016, que se situou en máis do 90...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) anunciou hoxe a apertura da convocatoria do Programa de innovación social dixital CeMIT-Innova, que se pechará o 31 de marzo. Os detalles da convocatoria déronse a coñecer durante  o  taller práctico sobre Metodoloxías participativas aplicadas ao deseño de proxectos, enmarcado no Programa. A participación nesta xornada, á que asistiron máis de 60 axentes das aulas CeMIT, é un requisito imprescindible para presentar candidatura como proxecto innovador no Programa CeMIT-Innova 2017. Prazos convocatoria do programa CeMIT-Innova 2017...
A Xunta de Galicia asinará coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) un convenio de colaboración para facilitarlles ás entidades locais a implantación da Administración electrónica. O acordo pon á disposición dos concellos unha carteira inicial de ferramentas como as notificacións electrónicas, a acreditación dixital, a Plataforma de Interoperabilidade, ou a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, que se irán ampliando de xeito progresivo. Así o avanzou esta mañá a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, na apertura do II...

Páxinas