Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanza o Plan de Acción en Software Libre 2017, que recolle un total de 110 actuacións para promover a reutilización de software na administración pública, impulsar unha oferta de solucións libres e de calidade para as empresas, e incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade. Ao igual que nos restantes plans anuais, parte das súas actuacións desenvolveranse en colaboración cos principais axentes do sector a través de acordos de colaboración. Así a Amtega vén de renovar, cunha dotación conxunta de 125.000...
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza dúas sesións de formación relacionadas co software libre. Cos títulos “Como establecer e como usar unha licenza de software libre e que implicacións ten para a miña empresa” e “Liberación de software: como se fai e por que é interesante para a miña empresa”, impartiranse nas instalacións do Centro en Santiago de Compostela en horario de 10.00 a 13.30 horas os días 23 e 30 de maio respectivamente. Ambos os seminarios serán impartidos por Pablo Sanxiao, consultor especializado en software...
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira; e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a integración de 70 bibliotecas e axencias de lectura municipais no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Esta actuación enmárcase nos traballos que están a desenvolver o departamento de Cultura da Xunta de Galicia e mais a Amtega para implantar na Rede de...
O Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información apela este ano ao “Big Data for Big Impact” para destacar a importancia de explorar o potencial dos grandes volumes de datos, como un elemento chave para identificar novas oportunidades que contribúan a abordar creativamente os desafíos do desenvolvemento sostible. O impacto do Big Data como un ben global reside no seu potencial para predicir comportamentos e anticipar resultados. Coñecer polo miúdo á sociedade axuda a anticipar as súas necesidades concretas e, polo tanto, reducir tempos de resposta, incrementar a eficacia dos...
O vindeiro 27 de maio terá lugar na Cidade da Cultura o III Scratch Day, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). O encontro sobre programación informática está dirixido a escolares de entre 7 e 15 anos, que deben asistir acompañados polos seus pais ou nais. As familias interesadas poden inscribirse en http://scratchday.cpetig.org                                                                                             O III Scratch Day ten como obxectivo difundir dun...
A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 da Amtega, ofrece dous ciclos formativos sobre o manexo de móbiles e tablets. O primeiro itinerario formativo, que comezou o pasado 12 de maio e rematará o 23 de xuño leva por título “Saca o máximo partido ao teu teléfono intelixente ou tablet e goza de todo o que Internet che ofrece” e está destinado a persoas cun nivel de uso inicial das novas tecnoloxías. Esta primeira quenda chegará a 12 aulas da rede CeMIT, que ofertan preto de 200...
Máis dun cento de profesionais vinculados á xestión de proxectos TI van participar o día 11 de maio en #SilverBullet17, o I Congreso de Xestión de Proxectos, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a Axencia para a Modernización Tecnoloxica de Galicia (Amtega). Trátase dun foro dirixido a empresas e profesionais, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais nesta área. #SilverBullet17, que terá lugar na Cidade da Cultura e será inaugurado polo presidente do CPETIG, Marcos Mata, e a directora da Amtega...
O Programa formativo AceleraTIC+ de Amtega para a transformación dixital das pemes (https://cdtic.xunta.gal/programa-formativo-aceleraticp) comeza este xoves 4 de maio para vintecinco pemes e micropemes de diversos sectores como turismo, construción, saúde, educación, enerxía, industria química, actividades administrativas ou pequeno comercio. A demanda de solicitudes para participar no Programa AceleraTIC+ triplicou as prazas ofertadas o que dá conta do interese das pemes galegas en recibir este tipo de formación especializada en materia de transformación dixital. AceleraTIC+ é a...
O Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) amplía a súa oferta de ferramentas informáticas no CDTIC Virtual coa incorporación dunha solución de tenda en liña baseada en WordPress + WooCommerce. Esta nova solución do CDTIC Virtual está baseada en Wordpress (https://www.mancomun.gal/solucionstic/artigostecnoloxicos/detalle/nova/wordpress-solucion-para-a-creacion-de-sitios-web-con-software-libre/), xestor de contidos de código aberto e libre distribución, empregado na actualidade para o funcionamento de máis de 60 millóns de blogs. Destaca pola súa...
A Cidade da Cultura acollerá o vindeiro sábado, día 6 de maio, a terceira edición de Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, unha iniciativa conxunta do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Trátase dun gran evento que combina actividades para pais e nenos ao redor da seguridade na Internet e a creatividade nas novas tecnoloxías. A xornada, que se desenvolverá no Edificio CINC, arrincará ás 16.30 horas coa recepción dos asistentes aos obradoiros de robótica educativa, Sploder, Lego e Makey Makey con...

Páxinas