Román Rodríguez asiste ao acto de entrega dos premios do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática

Venres 16 de Xuño de 2017

Román Rodríguez asiste ao acto de entrega dos premios do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu ao acto de entrega dos premios do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática, no marco da IX Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. Tamén asistiu a directora da Amtega, Mar Pereira, quen recolleu o premio Dez anos conectad@s, que o Colexio Profesional de Enxeñaría de Galicia outorga á Amtega.