Operadores, medios e novas plataformas de televisión debaten no “DICO Summit 2017” sobre as novas formas consumo e distribución dos contidos

Mércores 18 de Xaneiro de 2017

Operadores, medios e novas plataformas de televisión debaten no “DICO Summit 2017” sobre as novas formas consumo e distribución dos contidos

Vodafone, Orange, Euskaltel, Andorra Telecom, PRISA INN, Wuaki TV e RTVE abordan os desafíos aos que se enfrontan e as oportunidades que lles ofrece o mercado dos contidos dixitais
Participan o 24 de xaneiro no panel “Novas plataformas e medios” do DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, organizado por Amtega e os Clústers TIC e Audiovisual de Galicia,
A inscrición no evento pode realizarse a través da web dicosummit.gal

O mercado dos contidos dixitais ofrece novos modelos de negocio, novas formas de distribuír e consumir. Un amplo abano de desafíos e de oportunidades que implica a operadores de telecomunicacións, canles e grupos de comunicación e plataformas de distribución. Unha destacada  representación destes axentes da man de Vodafone, Orange, Euskaltel, Andorra Telecom, PRISA INN, Wuaki TV e RTVE  abordarán estas cuestións no panel “Novas Plataformas e Medios”, que se celebrará durante a primeira xornada do DICO Summit, o vindeiro 24 de xaneiro.

"Novas plataformas e medios"

O panel, moderado polo especialista en transformación dixital e novos medios, José Manuel González Pacheco, está dividido en dúas áreas temáticas. Así, baixo o título “A visión dos contidos nos operadores de telecomunicacións” intervirán Jesús J. Rodríguez Ramos, Manager of TV Product de Vodafone Spain;  José Antonio Guzmán, director de Servizos audiovisuais de Orange; Idoia Uriarte, directora de Televisión de Euskaltel Group; e José Alonso de Andorra Telecom.

A segunda mesa deste panel abordará “A visión dos contidos en medios e novas plataformas” coa intervención de Alejandro Vega, Chief Digital Officer de RTVE; Javier Lasa, director de Innovación de PRISA INN (Grupo Prisa), e José Monleón, Country Manager de Wuaki TV.

Inscrición

A inscrición ao evento DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, pódese realizar a través da ligazón http://dicosummit.eventbrite.com. Os asistentes ao encontro, que se celebrará os días 24 e 25 de xaneiro, poderán coñecer as últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos da man de profesionais e empresas referentes neste ámbito.

Ao longo de dúas xornadas, Dico Summit 2017 ofrecerá catro tipo de actividades complementarias. Por unha banda, os paneis e intervencións de entidades e profesionais de referencia de ámbito estatal e europeo que ofrecerán a súa visión sobre os contidos e a transformación dixital; o novo concepto de televisión e plataformas audiovisual, os videoxogos, as tecnoloxías de base ou os casos de éxito en determinados campos da economía dixital.

Showroom, Networking e Concurso de ideas

DICO Summit contará tamén cun espazo de exhibición, un Showroom, no que os asistentes poderán coñecer parte das tecnoloxías que marcarán o futuro dos contidos dixitais e as súas aplicacións prácticas. Haberá tamén tempo para que as empresas asistentes conversen entre elas cun espazo de Networking, habilitado especialmente para o coñecemento entre empresas e profesionais co obxectivo estreitar lazos e fomentar acordos e colaboracións dentro do mundo dixital. Por último, impulsarase o talento local a través do concurso de ideas relacionadas con novos proxectos no campo dos contidos dixitais.

A web da iniciativa, dicosummit.gal, irase actualizando coas novas sobre as entidades e profesionais que terán presenza no evento, que tamén se publicarán nas redes sociais das tres entidades organizadores. As entidades interesadas nesta iniciativa poden poñerse en contacto coa organización a través da dirección electrónica info@dicosummit.gal.