Modelo de financiamento
Modelo de financiamentoA execución da Axenda Dixital de Galicia 2020 incorporará como un eixo fundamental a sostibilidade, abordando a capacidade de responder ás necesidades actuais, e de anticiparse ás futuras, empregando eficientemente os recursos a través dun uso compartido e integrado dos mesmos para contribuír ao crecemento económico e social. Máis concretamente, para acadar un modelo de financiamento sostible, a execución da Axenda Dixital promoverá: O reforzo do principio de liderado compartido, a través da intensificación do modelo de goberno colaborativo intra e inter administrativo para asegurar a corresponsabilidade e o aliñamento dos esforzos públicos, da potenciación do traballo en rede cos axentes privados para superar os resultados individuais e do impulso da participación social co fin de contribuír a satisfacer e anticiparse as necesidades da cidadanía. A implantación da Axenda Dixital de Galicia 2020 mobilizará máis de 1.550 millóns de euros no período 2015 – 2020 entre fondos públicos e privados. A execución da nova estratexia tecnolóxica de Galicia constitúe o maior investimento en materia TIC da Comunidade, cun orzamento medio de 258 millóns de euros anuais. Un investimento para anticiparnos ao modelo da sociedade do futuro. Cunha Axenda que xorde do compromiso renovado co valor económico e social do investimento público, cuns servizos públicos adaptados ás novas necesidades, cuns sectores e unha industria revitalizados para competir na nova contorna económica e cunha terra conectada que responda ao nivel de competitividade e benestar rexional. |