Memoria de actividades 2016

Memoria de actividades 2016

Coa finalidade de dar cumprimento ao artigo 10 dos Estatutos da Amtega, elabórase a presente memoria na que se expón a actividade desenvolvida durante o ano 2016, así como os principais logros acadados.

Durante 2016 a Axencia avanzou no modelo de xestión integral da tecnoloxía no sector público autonómico, consolidando aforros que facilitan unha xestión máis eficiente dos recursos públicos destinados ás políticas tecnolóxicas.

No presente documento faise un repaso polos principais logros do período 2016 onde se engloban as principais actuacións, como a aprobación do Plan de inclusión dixital de Galicia 2020, e os mecanismos de eficiencia e aforro. Tamén se recolle o programa de actuacións do ano 2016, organizado segundo os sete obxectivos estratéxicos.

Por último, a Memoria indica os acordos formalizados pola Amtega con institucións públicas e privadas para desenvolver actuacións nos diferentes ámbitos da sociedade da información durante o exercicio.

A continuación pode acceder ao documento íntegro da Memoria de actividades 2016:

 

Memoria 2016