Memorias de actividades

Formulario de busca

Memoria de actividades 2014

Formulario de busca

Memoria de actividades 2014

A memoria de actividades da Axencia reflicte o grao de execución dos obxectivos establecidos no seu plan de acción 2014, incidindo en aspectos como a consolidación de aforros e a evolución e mellora dos servizos e tecnoloxías postas a disposición da sociedade e da administración.

Coa finalidade de dar cumprimento o artigo 10 dos Estatutos da Amtega, elabórase a presente memoria na que se expón a actividade desenvolta durante o ano 2014, así como os principais logros acadados.

Durante 2014 a Axencia avanzou nos obxectivos de mellora da eficiencia e redución do gasto tecnolóxico. A xestión integrada das TIC baseada na orientación cara á centralización de compras e en economías de escala, permite establecer indicadores de aforro. No presente documento faise un repaso polos principáis logros do período 2014 onde englóbanse as principais actuacións e os mecanimos de eficiencia e aforro, desglósase o programa de actuacións do ano 2014 tratándose por separado cada un dos sete obxectivos, e finalízase coa explicación dos instrumentos de colaboración e desenvolvemento normativo.

A continuación pode acceder ao documento íntegro da Memoria de actividades 2014: