Memoria de actividades 2013

Memoria de actividades 2013

A memoria de actividades da Axencia reflicte un elevado grao de execución dos obxectivos establecidos no seu plan de acción 2013, incidindo en aspectos como a consolidación de aforros e a evolución e mellora dos servizos e tecnoloxías postas a disposición da sociedade e da administración.

Durante 2013 a Axencia avanzou nos obxectivos de mellora da eficiencia e redución do gasto tecnolóxico na consolidación dos servizos electrónicos para cidadáns e empresas; na capacitación dixital da cidadanía a través da rede CeMIT, que incrementou nun 50% o número de usuarios; na extensión da banda larga ao 97% da poboación e na modernización de servizos públicos como a educación, o emprego e o benestar. En 2013 Galicia converteuse na primeira Comunidade que consegue plasmar nun convenio o compromiso de 12 empresas tecnolóxicas de ámbito nacional, internacional e rexional de investir en Galicia e contribuír a converter á Comunidade en polo tecnolóxico de referencia. Estes logros conseguíronse nun marco de xestión eficiente.

A continuación pode acceder ao documento íntegro da Memoria de actividades 2013:

Memoria 2013