Máis visto

Formulario de busca

Máis visto

Formulario de busca

Páxinas

466
Este novo procedemento ten como finalidade continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias. 
458
A Consellería concedeu axudas por máis de 56.000 euros aos Proxectos 2.0 que traballen no impulso dun cambio metodolóxico no ensino, adaptado á Sociedade da Información
457
Secretaría Xeral de Modernización organiza, hoxe, un obradoiro sobre o funcionamento de redes como Tuenti e Facebook e mañá, unha xornada adicada á paxina web do Servizo Galego de Saúde. A participación da Xunta nesta feira encádrase dentro do plan de acción que está a levar a cabo para o desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia. ‘Movemento Avanza’ poderá visitarse de maneira gratuíta ata o domingo no Palacio de Congresos e Exposicións, Palexco, da Coruña.
456
Trátase dun curso dirixido a todos os estudantes e profesionais que queiran empregar Blender, a ferramenta libre de deseño profesional 3D.
443
A conselleira de Facenda confirma que a partir do mes de febreiro a Xunta reducirá os tempos de pagamentos das facturas a 45 días, 15 menos que a esixencia legal A intención é ir mellorando ata poder pagar en 30 días e optimizar os procedementos administrativos Un decreto garantirá os preceptos legais e creará o Portal de Contratación Pública de Galicia Facenda pretende impulsar o uso das novas tecnoloxía no ámbito da contratación pública
441
Mar Pereira que presentou, este mediodía, a terceira edición do libro ‘Sistemas de información: Herramientas prácticas para la gestión’, subliñou a importancia das novas tecnoloxías como “un magnífico instrumento para lograr o progreso económico da nosa comunidade, así como unha oportunidade para conseguir a cohesión social interna e potenciar a Galicia única”. Agradeceu a INEO o seu firme propósito de seguir impulsando as telecomunicacións, baseándose nas súas fortalezas: o talento dos profesionais, das empresas e das universidades galegas.
438
A secretaria xeral de Modernización presentou o proxecto ‘DifundeTic’ para a promoción do uso das novas tecnoloxías nas pemes de Galicia. Sitúa o desenvolvemento da Sociedade da Información e, en consecuencia, a redución da ‘fenda dixital’ como un “obxectivo estratéxico” da Lexislatura e un dos eixes de actuación prioritarios do Goberno galego.
437
A nova páxina reordena as áreas de portada, reestrutura as páxinas interiores. Esta primeira versión da web da Xunta activa unha enquisa aos cidadáns para recabar información sobre o perfil dos usuarios e as súas demandas. ‘Galicia na Rede’ continuará desenvolvéndose nos vindeiros meses co obxectivo de establecer un novo modelo de presenza da Administración Pública galega na Internet.

Páxinas