Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Wordpress e WooCommerce dispoñibles no CDTIC Virtual

O Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ampliou a súa oferta de ferramentas informáticas no CDTIC Virtual coa incorporación dunha solución de tenda en liña baseada en WordPress + WooCommerce.

Para amosar as vantaxes de empregar esta solución a profesionais e empresas, o CDTIC organiza o vindeiro 24 de maio unha sesión que leva por título “Xestiona o teu negocio en liña con WooCommerce e Wordpress” (https://cdtic.xunta.gal/woocommerce-santiago), que se levará a cabo nas instalacións do CDTIC en Santiago de Compostela, en horario de 16.00 a 19.00 horas.

Esta sesión será impartida por Hacce Conversion&Desing (http://hacce.com/), empresa galega especializada en desenvolvemento web enfocado a maximizar a experiencia de usuario e a conversión de visitantes a clientes.

Para máis información prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/o-cdtic-virtual-da-amtega-amplia-a-sua-ofe...)