Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Wire, aplicación de comunicacións seguras, anuncia a súa próxima apertura de código

Wire, unha aplicación de comunicación punto a punto en tempo real, anunciou os resultados da auditoría de seguridade que o seu código ben de superar e que deixan en bo lugar á aplicación e, en particular, ao seu protocolo de cifrado punto a punto Proteus, baseado inicialmente en Signal. Ademais, estes resultados viñeron acompañados da confirmación de que o código da parte servidora da aplicación tamén será liberada como código aberto a finais do presente trimestre.

Deste xeito, pode dicirse que Wire é unha das mellores opcións para o que busca un canal de comunicacións seguro e capaz de ser usado en calquera sistema operativo e móbil como software de mensaxes sincronizados.

Máis información en:  https://www.mancomun.gal/no_cache/actualidade/novas/detalledenova/nova/w...