Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

O CPETIG, en colaboración coa Amtega, organiza o Scratch Day 2017

Co obxectivo de difundir os valores da programación informática entre os nenos e nenas, os seus pais, nais e persoas interesadas na formación, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) organizará o vindeiro día 27 de maio o evento “Scratch Day 2017” no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.

Está dirixido fundamentalmente a rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos, que xa tiveran traballado con Scratch, e que acompañados dun adulto, poderán compartir unha xornada aprendendo e gozando da programación de robots a través de Scratch.

Para máis información prema aquí (http://amtega.xunta.gal/nova/o-cpetig-e-a-amtega-celebran-a-iii-edicion-...)