Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e o Día de Internet

O 17 de maio estamos de celebración na Amtega. Dunha banda, celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano está protagonizado polo escritor Carlos Casares. Como todos sabedes, este día é moi especial para homenaxear a persoas que defenderon o galego e tamén para tomar conciencia do valor que ten a nosa lingua.

Por outro lado, celebramos o Día de Internet, que, como tamén sabedes, é o eixo principal da nosa actividade. Por iso, o 17 de maio non é soamente relevante polo orgullo que sentimos pola nosa lingua, senón tamén para recordar a importancia que teñen as TIC e Internet en xeral na nosa sociedade.