Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Dispoñible a consulta pública previa para formular achegas á Lei de Administración dixital

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou o inicio da tramitación da Lei de Administración dixital de Galicia que permitirá un marco normativo único e ofrecer servizos máis sinxelos e eficaces. Esta lei dotará á Comunidade dun marco legal único que recollerá todos os aspectos necesarios para acadar unha Administración 100% dixital. Nel vanse sistematizar todos os decretos, ordes e outras disposicións sobre as relacións administrativas dixitais que a Xunta vén elaborando desde o ano 2010, poñendo fin á dispersión normativa que hai na actualidade para lograr unha maior eficacia e simpleza dos procedementos.

Así mesmo, Feijóo informou de que está dispoñible a consulta pública previa no portal de transparencia da Xunta de Galicia para formular achegas á lei, co obxectivo de que sexa aprobada definitivamente polo Consello e inicie a súa tramitación parlamentaria no segundo semestre deste ano.

Para consultar máis información prema aquí (https://amtega.xunta.gal/nova/a-xunta-inicia-a-tramitacion-da-lei-de-adm...)