Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Convocada a X edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convocou a X edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, co obxectivo de fomentar e achegar aos universitarios galegos ao software libre e ás posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicación ou colaboración con proxectos libres.

O galardón está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500€ e nun segundo de 750 euros, grazas á achega do Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria (CIXUG), e do Grupo de programadores e usuarios de Linux (GPUL), respectivamente. Ambas entidades son patrocinadoras do premio no marco do convenio de colaboración asinado coa Amtega para a realización de actividades de promoción do Software Libre en Galicia.

Pode optar ao premio calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado cunha nota mínima de 5, nalgunha das convocatorias do ano académico 2016-2017. O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de setembro.

Para consultar máis información prema aquí (http://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-convoca-a-x-edicion-do-premio-ao-m...)