Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Celébrase o Día Internacional das Rapazas nas TIC

O próximo 27 de abril de 2017 é o Día Internacional das rapazas nas TIC, unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.

Por iso, o Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA) organiza un coloquio virtual dende os centros educativos por multiconferencia con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC, ás que o alumnado participante dos centros galegos de secundaria poderá coñecer o seu día a día, preguntar calquera dúbida sobre este eido profesional ou as motivacións persoais que as levaron a traballar neste eido.

Do mesmo xeito, pola tarde celebrará unha xornada de portas abertas con actividades para rapazas e rapaces de entre 10 a 14 anos, como a Programación básica con Scratch e LEGO ou a creación de arte píxel-dixital.

Máis información enhttps://cemit.xunta.gal/node/6878