Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

Amtega e AGASOL celebran a Xornada ColaboraTIC.gal

O 16 de xuño de 2017 terá lugar, na Cidade da Cultura de Galicia, a xornada colaboraTIC.gal, un espazo onde ver, escoitar pero tamén amosar experiencias de colaboración entre os eidos das tecnoloxías abertas e o tecido empresarial. Nesta segunda edición, a xornada centrarase na colaboración co eido rural. Contarase cun interesante grupo de profesionais e empresas que amosarán as súas experiencias, como AGASOL, Fran Quiroga, Granxa Familiar, ICARTO, EFA Galicia, QGIS, Librebit, Galirema, Adegas Lagar de Costa, a Organización Galega de Comunidades de Montes (OGCCMM) e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA).

A xornada celebrarase en horario de 9:30 a 15:30 horas.

Para máis información sobre a Xornada prema aquí (http://amtega.xunta.gal/evento/xornada-colaboraticgal)