Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

A Xunta abre a convocatoria de axudas para dotar de banda larga ultrarrápida a empresas e autónomos de zonas illadas do rural

Empresas e autónomos das zonas illadas do rural poderán solicitar, ata o día 20 de abril, axudas para o acceso a banda larga ultrarrápida. Con esta convocatoria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha a segunda das actuacións do Plan de banda larga 2020 para a extensión da cobertura de redes de banda larga ultrarrápida na Comunidade.

A Amtega destina a esta convocatoria un orzamento de 500.000 euros, que se poderá ampliar ata un máximo de 1 millón de euros, en función da demanda. Estas axudas subvencionarán ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000€ por beneficiario. Non obstante, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000€.

Os principais requisitos e obrigas que deberán cumprir os solicitantes serán non dispoñer actualmente da posibilidade de acceso a redes ultrarrápidas de cando menos 30 megas e manter a alta no servizo contratado inicialmente durante cando menos 1 ano.

Para cada solicitude valorarase a mellora que supón o servizo de banda larga ultrarrápida incluído na proposta, o esforzo inversor previsto e valoraranse tamén as solicitudes recibidas das pequenas empresas.

Máis información en: http://amtega.xunta.gal/nova/a-xunta-abre-a-convocatoria-de-axudas-para-...