Info rápida

Formulario de busca

Info Rápida

Formulario de busca

A Axenda Dixital de Galicia contribúe ao crecemento do sector TIC galego

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, destacou, no I Encontro Red.es para a Cooperación Interterritorial en Servizos Públicos e Transformación Dixital, que a Axenda Dixital de Galicia 2020 investiu máis de 324 millóns de euros, 51 deles de capital privado, entre 2015 e 2016 para contribuír ao crecemento económico e á mellora social da Comunidade aplicando as vantaxes da tecnoloxía.

Así mesmo, salientou a posta en marcha en 2012 da Amtega como instrumento estratéxico e executivo para impulsar a modernización da administración pública e o desenvolvemento económico e social de Galicia. Ademais, sinalou a importancia do sector TIC galego no desenvolvemento da Axenda Dixital e destacou que en 2015 experimentou o maior incremento en número de empresas dos últimos cinco anos e que en 2016 superou, por primeira vez, os 16.000 empregados.

Para máis información, prema aquí (http://amtega.xunta.gal/nova/mar-pereira-destaca-que-a-axenda-dixital-de...)