Info rápida

Formulario de busca

Info rápida

Formulario de busca

Páxinas

12/03/2017
O 50% dos galegos con idades comprendidas entre os 55 e os 64 anos utilizaron Internet nos últimos tres meses, fronte a un 29,4% que afirmaron utilizalo no ano 2012. No tramo de idade dos 65 aos 74 anos o uso de internet tamén crece e sitúase no 21%. Son datos que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), dentro do estudo “Os Maiores e as TIC”. Máis información en: http://www.osimga.gal/gl/actualidade/noticias/20170312_maiores_tic.html
07/03/2017
O proxecto destacado deste mes é Apache Solr, unha plataforma de buscas baseada en Apache Lucene, que funcionan como un motor. As súas principais características son as buscas de texto completo, resaltado de resultados, clustering dinámico e manexo de documentos de texto enriquecido. Máis información en: https://www.mancomun.gal/no_cache/actualidade/novas/detalledenova/nova/p...
01/03/2017
Wire, unha aplicación de comunicación punto a punto en tempo real, anunciou os resultados da auditoría de seguridade que o seu código ben de superar e que deixan en bo lugar á aplicación e, en particular, ao seu protocolo de cifrado punto a punto Proteus, baseado inicialmente en Signal. Ademais, estes resultados viñeron acompañados da confirmación de que o código da parte servidora da aplicación tamén será liberada como código aberto a finais do presente trimestre. Deste xeito, pode dicirse que Wire é unha das mellores opcións para o que busca un canal de comunicacións seguro e capaz de ser...
28/02/2017
O pasado 24 de febreiro Google anunciou que E2EMail, un sistema de cifrado end-to-end experimental, se libera como código aberto baixo a licenza Apache License 2.0 para a comunidade de desenvolvedores. A finalidade de E2EMail é a de construír un mecanismo simple que facilite o xeito de intercambiar correos confidenciais para os usuarios non técnicos e tamén mellorar a confidencialidade de datos para mensaxes pequenas, sensibles e ocasionais. O obxectivo disto é que o mesmo provedor de correo electrónico, Gmail no caso de Google, non poida ser capaz de extraer o contido das mensaxes...
20/02/2017
A partir do 21 de febreiro xa será posible obter o título de familia numerosa e o certificado de discapacidade de xeito automatizado. Desta forma, xa non será necesario desprazarse ata as unidades administrativas correspondentes. Estes certificados pódense obter en formato electrónico desde calquera lugar e ao longo das 24 horas do día, no apartado “Obtención de certificados” da sede (https://sede.xunta.gal/obtencion-de-certificados), empregando algún dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede....
31/01/2017
Mozilla Firefox 51 convertese no primeiro navegador web libre con soporte para a autoridade certificadora dixital da FNMT dándolle vantaxe de uso nos portais web da administración española.Maís información: https://www.mancomun.gal/no_cache/actualidade/novas/detalledenova/nova/o...
24/01/2017
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no DOG, con 180 prazas para o curso de teleformación preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar no mes de xuño. Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame. O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con...
17/01/2017
Poden participar mozos de entre 18 e 30 anos, na categoría de mozo adulto, e rapaces de entre 14 e 18 anos, na categoría de mozo. O prazo de presentación de ideas remata o 23 de xaneiro e os premios entregaranse o 25 de xaneiro na clausura do encontro. Recoñecerá ideas orixinais sobre un produto ou servizo innovador no eido dos contidos dixitais, tanto no ámbito estudantil como no profesional Máis información: http://dicosummit.gal/

Páxinas