Este evento é parte das celebracións do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, organizado polo Centro GaiásTech. Susana Ladra, Enxeñeira e Doutora en Informática, compartirá os seus coñecementos e experiencias no campo da tecnoloxía. Inscripcións dispoñibles.
Curso de Competencias Dixitais con inicio básico no uso dun ordenador. O curso está deseñado para proporcionar unha introdución práctica ás competencias dixitais esenciais. Con especial atención ás necesidades de principiantes, abordaremos temas clave para que poidas desenvolver confianza no uso da tecnoloxía.Non importa a túa idade, desde os 18 ata os 100 anos, se tes interese en aprender as bases das competencias dixitais, este curso é para ti. Inscríbete agora para garantir a túa praza nesta oportunidade de formación práctica e axeitada ao teu nivel.
Curso de Galegas Dixitais con inicio básico no uso dun ordenador, especialmente dirixido a maiores de 55 anos. O curso está deseñado tendo en conta a adaptación de métodos pedagóxicos a este colectivo, ofrecendo un enfoque axeitado ás necesidades e características dos participantes.
Curso das ferramentas ofimáticas dos diversos paquetes (Writer, Calc, Base, Impress) e outras ferramentas ofimáticas.
Para que as empresas poidan facer un uso adecuado das novas Tecnoloxías como os LLMs ou outras ferramentas de AI faise necesario definir un dominio propio para poder adestrar (refinar) aos modelos co contexto adecuado.
Unha vez cóntase cunha infraestrutura para poder utilizar estas ferramentas, outra área de interese emerxe, que facemos cos datos confidenciais? De aí a segunda charla. As empresas con datos sensibles non poden adestrar modelos abertos. Necesitan unha infraestrutura pechada.