Formulario web

Formulario de busca

Formulario consulta publica previa

Formulario de busca

Consulta pública previa

De conformidade co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, se substanciará unha consulta pública, a través deste apartado do Portal con obxecto de solicitar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.

En concreto, a consulta solicitará opinión acerca dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, da necesidade e oportunidade da súa aprobación, dos obxectivos da norma, das posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

Consultas dispoñibles:

Lei de Administración dixital de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Área de Modernización das Administracións Públicas - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

Departamento: A Presidencia da Xunta - Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Estado actual: Consulta aberta

Prazo para remitir achegas/opinións: 19/04/2017 - 04/05/2017

Forma de remitir achegas/opinións: Poderán ser presentadas cantas achegas/opinións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina ou mediante a súa presentación en calquera dos lugares previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Información sobre a norma:

Antecedentes:

A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, supoñen un novo escenario normativo para a consolidación da administración dixital nas administracións públicas, e polo tanto tamén na administración xeral e sector público autonómico de Galicia.

A Lei 39/2015 derroga expresamente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, que ata o de agora constituían a base normativa para o desenvolvemento da administración electrónica.  

No marco autonómico, o Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, supuxo un cambio organizativo substancial, xa que ordena o proceso de desenvolvemento dos servizos electrónicos e determina o réxime regulador do dereito da cidadanía a relacionarse coa Administración pública galega por medios electrónicos e o Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, establece o marco xurídico do Sistema Único de Rexistro da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Problemas que se pretenden solucionar:

A normativa autonómica neste ámbito ten un carácter meramente regulamentario no marco xeral establecido pola normativa estatal a través da elaboración dunha base normativa en desenvolvemento das competencias propias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Deste xeito, resulta clave dotar o noso ordenamento xurídico dun marco coherente actualizado e ordenado que sistematice as relacións administrativas dixitais «ad extra» e «ad intra» na Xunta de Galicia, os dereitos das persoas nas súas relacións dixitais e promova un réxime xurídico novo na administración dixital na Administración xeral e do sector público de Galicia segundo as prescricións básicas establecidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

A aprobación dunha lei de administración dixital de Galicia permitirá:

  • Dotar a Xunta de Galicia dun marco legal que, desde unha perspectiva transversal, permita dar coherencia á actuación global en materia de administración electrónica.
  • Establecer, dentro do marco normativo xeral en materia de administración electrónica, os principios reitores da intervención pública das Administracións públicas de Galicia.
  • Ofrecer unha maior eficacia, eficiencia e simplificación  dos procedementos a través dos cales os cidadáns e as empresas se relacionan coa Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
  • Acadar un contexto normativo global e coherente como punto de partida para incentivar o investimento público e privado neste ámbito, dotando da seguridade xurídica necesaria para xerar confianza ao sector, confirmando a aposta decidida da Administración autonómica no desenvolvemento das TIC.

Obxectivos:

  • Desenvolver o marco dixital de referencia na Adminsitración xeral e do sector público autonómico segundo os principios de servizo efectivo aos cidadáns, transversavilidade, simplicidade, claridade, proximidade, cooperación, colaboración e coordinación entre as Administracións públicas, racionalización e axilidade dos procedementos administrativos e das actividades materiais de xestión.
  • Establecer e regular as bases do réxime xurídico da Administración dixital na Administración xeral e do sector público de Galicia, así como a organización e funcionamento da Administración dixital para acadar un contexto 100% dixital.

Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

O actual marco normativo de administración electrónica que está integrado por decretos, ordes e demais disposicións de inferior rango.

Neste sentido, valorouse a modificación da base normativa actual composta, principalmente, polo Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e o Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia. Dada a maior amplitude da lei que se pretende desenvolver optase pola redacción dunha nova norma, con rango de lei, para integrar todo o marco dixital de referencia na Administración xeral e do sector público autonómico.

Rango da norma

Lei

Formulario de participación: 


Cubra este formulario e a súa achega/opinión será atendida polo departamento que elaborou esta consulta previa. Lembre que os campos sinalados con asterisco (*) son obrigatorios

Datos persoais
Nome e apelidos
Se actúa en representación dunha entidade, empresa, outra administración... indique o nome desta
Código postal
Teléfono
Fax
Achegas/opinións
Enderezo electrónico
Os ficheiros deben ser menores de 5 MB.
Tipos de ficheiros permitidos: gif jpg jpeg png bmp eps tif pict psd txt rtf pdf doc docx odt ppt pptx odp xls xlsx ods xml.
Protección de Datos de Carácter Persoal
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámolo/a de que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro do que é responsable o órgano ou entidade que figura como tramitador desta normativa. A persoa interesada poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante o devandito organismo.
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.
Imaxe CAPTCHA
Introduza os caracteres amosados na imaxe.