Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

Xornada de datos abertos enlazados en bibliotecas, arquivos e museos

A Biblioteca de Galicia pon en marcha o 19 de maio unha xornada técnica sobre datos abertos enlazados para bibliotecas, arquivos e museos.

A Biblioteca de Galicia pon en marcha o 19 de maio unha xornada técnica sobre datos abertos enlazados para bibliotecas, arquivos e museos, que terá lugar no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura.

Os datos abertos enlazados en institucións da memoria son aínda unha cuestión nova para moitos dos profesionais que traballan nelas. Por iso, vaise afondar no coñecemento desta nova tecnoloxía para publicar os datos de bibliotecas, arquivos e museos, o que ademais permitirá confluír no enriquecemento da importante información cultural que se xera.

Horario: de 09.30 a 14.00 horas.

Programa

  • 09.30 – 10.00 | Inauguración e presentación
  • 10.00 – 10.30 | Que poden facer as bibliotecas con datos abertos? - Tony Hernández-Pérez, profesor do Departamento de Biblioteconomía e Documentación da Universidade Carlos III de Madrid
  • 10.30 – 11.00 | LOD: unha linguaxe aberta para enlazar moito máis que datos - Reyes Carrasco Garrido, xefa de Área de Coleccións da Subdirección Xeral de Museos Estatais
  • 11.00 – 11.30 | Aragón Open Data: servizos, datos e arquivos - Julián Moyano Collado, Dirección Xeral de Administración Electrónica e Sociedade da Información do Goberno de Aragón
  • 11.30 – 12.00 | Pausa – café
  • 12.00 – 12.30 | Datos.BNE: o portal de datos bibliográficos da Biblioteca Nacional de España - Ricardo Santos Muñoz, xefe do Servizo de Coordinación e Normalización da BNE, e Daniel Vila Suero, Ontology Engineering Group da Universidade Politécnica de Madrid (OEG-UPM)
  • 12.30 – 13.00 | Lista de encabezamentos de materia para as bibliotecas públicas en SKOS - Domingo Arroyo, xefe de Área de Proxectos da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria
  • 13.00 – 13.30 | A lista de encabezamentos de materia en galego como datos abertos enlazados: unha oportunidade para mellorar - Daniel Buján Núñez, xefe do servizo da Biblioteca de Galicia da Subdirección Xeral de Bibliotecas e Noelia Bascuas Ferreiro, Biblioteca de Galicia. Subdirección Xeral de Bibliotecas
  • 13.30 – 14.00: Debate e conclusións

Máis información enhttp://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/datos-abertos-enlazados-en-bibl...