Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

Terceira edición de Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura

A Cidade da Cultura acollerá o sábado 6 de maio a terceira edición de Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Descrición

A Cidade da Cultura acollerá o sábado 6 de maio a terceira edición de Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). É un evento familiar que combina actividades para pais e nenos ao redor da seguridade na Internet e a creatividade nas novas tecnoloxías.

A xornada, que se desenvolverá no Edificio CINC, comezará ás 16.30 horas coa recepción aos asistentes aos obradoiros de robótica educativa, Sploder, Lego e Makey Makey con Scratch, dirixidos a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos de idade. Os talleres contan co apoio das empresas Arkitas Robótica e Tech Academy.

Ademais, a xornada contará cunha charla para pais e nais de David Calle, un dos 10 mellores profesores do mundo e fundador de Unicoos, que se titula “Flipped classroom ou como darlle unha volta ás clases”.

Horario dos obradoiros para nen@s: De 16:30 a 19:30 horas

Horario da charla para pais e nais: A partir das 17:30 horas

Inscrición: A inscrición nos obradoiros realizarase no seguinte formulario: https://www.eventbrite.es/e/entradas-rapacins-2017-33613194971.

Máis información enhttps://amtega.xunta.gal/nova/a-amtega-e-o-cpeig-celebraran-o-6-de-maio-...