Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

Scratch Day 2017

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) organizará o evento “Scratch Day 2017” no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación

Descrición:

Co obxectivo de difundir os valores da programación informática entre os nenos e nenas, os seus pais, nais e persoas interesadas na formación, o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) organizará o vindeiro día 27 de maio o evento “Scratch Day 2017” no que os participantes poderán acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.

Está dirixido fundamentalmente a rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos, que xa tiveran traballado con Scratch, e que acompañados dun adulto, poderán compartir unha xornada aprendendo e gozando da programación de robots a través de Scratch.

A implicación e a concienciación dos pais neste ámbito servirá de apoio para que os rapaces se sintan atraídos cara a programación informática. Ademais, en paralelo, impartirase un obradoiro tamén de programación de robots a través de Scratch, destinado fundamentalmente a persoas interesadas en formar a rapaces.

Para asistir ao evento é preciso levar ordenador portátil e estar familiarizado coa contorna de Scratch. 

Horario: De 9:30 a 14:30 horas

Para inscribirse e obter máis información prema aquí (https://www.eventbrite.es/e/registro-scratch-day-2017-34409468647)