Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

Rapaciñ@s, a tecnoloxía ben segura - Ribeira

A iniciativa “Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura”, impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), visitará, o 20 de xullo, o concello de Ribeira con charlas informativas, a cargo dos colexiados do CPEIG, e obradoiros infantís baseados na tecnoloxía.

Descrición:

Mentres nais e pais aprenden as vantaxes das novas tecnoloxías e como previr os posibles riscos, as nenas e nenos adquiren hábitos seguros para navegar na rede e desenvolven a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros prácticos para que se divirtan e aprendan.

Os obradoiros, dirixidos a nenos de entre 8 e 14 anos de idade, serán de iniciación á programación (orientada a robótica) e á electrónica (arduino, makey makey), co obxectivo de que os participantes teñan unha primeira aproximación a cada unha destas materias.

Horario: De 10 a 14 horas

Lugar: Aula CeMIT Ribeira

Para consultar máis información sobre o evento prema aquí (http://amtega.xunta.gal/nova/o-cpeig-e-a-amtega-levan-o-programa-rapacin...)

Para reservar praza neste evento, prema aquí (https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/21596)