Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica

Os vindeiros días 23 e 24 de marzo celebrarase en Santiago de Compostela o II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica: "Un compromiso conxunto cara aos/ás cidadáns/ás".

Descrición
Os vindeiros días 23 e 24 de marzo celebrarase na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, o II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica: "Un compromiso conxunto cara aos/ás cidadáns/ás", organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias, e co Consello Superior de Letrados e Avogados de Comunidades Autónomas.

En concreto, poranse en común o impacto do novo marco normativo en materia de Administración Electrónica (leis 39/2015 e 40/2015) no funcionamento das Administracións Públicas, así como as liñas de colaboración entre as distintas administracións, que permitirán unificar esforzos no desenvolvemento da Administración Electrónica. O Encontro permitirá, ademais, establecer un foro no que debater temáticas de interese común e actualidade no eido da Administración Pública.

Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 18:30 o 23 de marzo. De 10:00 a 14:30 o 24 de marzo.

Programa do 23 de marzo:
10:00: Apertura da xornada. 
10:30-11:30: Charla coloquio. A Administración pública para unha cidadanía dixital.
11:30-12:00: Pausa
12:00-13:00: Mesa 1. As novidades normativas como catalizadoras da transformación dixital e aliñamento cos escenarios europeos.
13:00-14:00: Mesa 2. Cooperación interadministrativa. Solucións comúns para o desenvolvemento da eAdministración.
14:00-16:30: Pausa
16:30-17:30: Mesa 3. A regulación da práctica das notificacións electrónicas na Lei 39/2015.
17:30-18:30: Mesa 4. A tramitación do procedemento administrativo por medios electrónicos.

Programa do 24 de marzo:
10:00-10:15: Benvida institucional.
10:15-11:30: Mesa 5. O arquivo electrónico como vertebrador da administración electrónica.
11:30-12:00: Pausa
12:00-13:15: Mesa 6. A administración electrónica e o impacto no funcionamento da Administración pública.
13:15-14:30: Mesa 7. Transparencia e o seu impacto real/operativo na Administración pública e relación cos cidadáns.
14:30: Peche.

Pode acceder ao formulario de inscrición e consultar o programa máis detalladamente na seguinte ligazónhttps://www.eidolocal.gal/segundo-encontro-cooperacion