Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

Faladoiro dixital "Innovación Social Dixital. Comunicando emocións"

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebra o vindeiro xoves 22 de xuño unha xornada sobre as boas prácticas no ámbito da innovación social dixital no Centro de La Molinera en Ourense. Este centro conta cun aula da Rede CeMIT nas súas instalacións e participa no proxecto CeMIT-Innova 2017

Descrición

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebra o vindeiro xoves 22 de xuño unha xornada sobre as boas prácticas no ámbito da innovación social dixital no Centro de La Molinera en Ourense. Este centro conta cun aula da Rede CeMIT nas súas instalacións e participa no proxecto CeMIT-Innova 2017.

Horario: De 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas.

Programa:

  • Sesión de mañá: A sesión da mañá está dirixida aos responsables das 10 Aulas CeMIT que participan no proxecto CeMIT-Innova 2017 e persoas voluntarias e entidades aliadas que desenvolven estes proxectos de innovación social dixital. Centrarase nas ferramentas para mellorar e dar visibilidade aos proxectos.
  • Sesión de tarde: A sesión de tarde terá formato de Faladoiro Dixital e está dirixida a todas as entidades interesadas, voluntarios, responsables municipais e público en xeral. Exporanse un conxunto de boas prácticas e casos de éxito en materia de innovación social dixital da man dos seus impulsores.

Para consultar máis información sobre o programa e formalizar a inscripción prema aquí (https://cemit.xunta.gal/cemit-innova)