DICO Summit 2017
Descrición:
Dico Summit 2017 é unha ventá a un futuro mellor, un escaparate para ver e deixarse ver, unha ocasión única para coñecer as últimas tendencias en contidos dixitais, entender como repercuten nos novos modelos de negocio e valorar o seu papel como dinamizador dos distintos sectores económicos.
Dico Summit 2017 é unha cita obrigada, un punto de encontro entre profesionais, empresas da economía dixital e tecnolóxica e estudantes.
Público: A quen vai dirixido?
En xeral, a todo aquel que entenda onde estamos, cara a onde imos, que comprenda que estar á última xa non é unha opción e que os contidos dixitais son fundamentais para o desenvolvemento económico de calquera empresa, rexión ou país.
E en especial, a profesionais e emprendedores da área tecnolóxica, a representantes de sectores transformadores da economía dixital galega e a estudantes que teñan interese no mundo dixital ou na economía dixital.
Data: Cando?
24 de xaneiro
Máis información: http://dicosummit.gal/