Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

Congreso de Xestión de Proxectos #SilverBullet17

O vindeiro 11 de maio vai ter lugar na Cidade da Cultura #SilverBullet17, un Congreso de Xestión de Proxectos Software organizado polo CPETIG e a Amtega, co propósito de converterse nunha xornada de referencia no eido da xestión de proxectos.

Descrición:

O vindeiro 11 de maio vai ter lugar na Cidade da Cultura o evento #SilverBullet17, un Congreso de Xestión de Proxectos Software organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e a Amtega, co propósito de converterse nunha xornada de referencia no eido da xestión de proxectos. 

Está concibido como un foro de discusión e debate dirixido a empresas e profesionais vinculados á xestión de proxectos de software, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais na área. #SilverBullet17 vai reunir a oferta e a demanda do sector nun espazo de encontro para propiciar un intercambio de información, favorecendo a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos e liderado, ademais de contribuír a amosar as tendencias metodolóxicas no eido da xestión de proxectos software.

Programa:

  • 09:00: Rexistro e entrega de material
  • 09:30: Presentación
  • 09:45-10:30: A PMO. o inimigo na casa? - José Luis Iparraguirre
  • 10:35-11:20: A arte de xestionar proxectos. Desmontando ó técnico - Carlos González Jardón
  • 11:20-12:00: Café Networking
  • 12:00-12:45: E se non existen os proxectos de software? - Javier Garzás
  • 12:50-14:00: Mesa de debate moderada por Susana Gómez Carnero
  • 14:00-15:30: Xantar
  • 15:30-16:20: A motivación está sobrevalorada - Javier Cebreiros
  • 16:30-17:30: Novo liderado para non morrer no cambio - Jaume Gurt

Pode inscribirse na seguinte ligazónhttp://silverbullet.cpetig.org/gl/inscripcion/

Máis información sobre o evento e os relatoreshttp://silverbullet.cpetig.org/gl/presentacion/