Eventos

Formulario de busca

Eventos

Formulario de busca

Aspectos esenciais para posicionar a miña web e coñecer quen a visita

Seminario para coñecer as cuestións máis importantes que cómpre ter en conta á hora de lograr un bo posicionamento para un sitio web en Google

Descrición:

Coñecer as cuestións máis importantes que cómpre ter en conta á hora de lograr un bo posicionamento para un sitio web en Google, tanto desde o punto de vista da web como da promoción externa.
 
Mostrar as principais métricas que poden axudar a saber o perfil de usuarios que visitan o sitio web e así determinar a súa eficacia dentro da promoción en liña da empresa. 

O curso celebrarase o 21 de xuño en Santiago de Compostela e está destinado a xerentes, responsables ou persoal técnico das áreas de comunicación ou marketing das empresas de calquera sector.

Horario: De 16:00 a 19:00 horas

Programa:

  • Conceptos básicos sobre o posicionamento en buscadores
  • Principais factores que inflúen no posicionamento dun sitio web
  • Ferramentas gratuítas para avaliar distintas cuestións sobre o posicionamento da miña web: Google Search Console, SeoQuake, comandos de Google
  • Funcionamento básico de Google Analytics
  • Que datos podo coñecer sobre a miña web?
  • Informes de interese para comprobar o impacto da miña web

Para obter máis información prema aquí (https://cdtic.xunta.gal/posicionamento-web)