Estratexia de Crecemento Dixital

Estratexia de Crecemento Dixital

Estratexia de Crecemento Dixital

A Estratexia de Crecemento Dixital é unha folla de ruta na que se establecen as liñas estratéxicas da Política Tecnolóxica da Xunta de Galicia para o horizonte 2020, e, en todo caso, estará completamente aliñada coa RIS 3 de Galicia para establecer relacións sinérxicas entre elas.

O crecemento dixital consiste en maximizar o impacto das políticas públicas dixitais para mellorar a produtividade e a competitividade así como transformar e modernizar a economía e sociedade galega mediante un uso eficaz e intensivo das TIC pola cidadanía, empresas e Administracións. A utilización máis eficaz das tecnoloxías dixitais permite afrontar os retos esenciais formulados por Europa e proporciona unha mellor calidade de vida aos cidadáns manifestada, por exemplo, nunha mellor atención sanitaria, unhas solucións de transporte máis seguras e eficientes, un medio máis limpo ou un acceso máis doado aos servizos públicos e aos contidos culturais.

O desenvolvemento da Estratexia de Crecemento Dixital realizouse tras unha ampla consulta ás partes interesadas nos ámbitos público e privado de cara a ter en conta os puntos de vista dos axentes e asociacións sociais e empresariais relevantes, as necesidades e riscos detectados polos mesmos, e para garantir a coordinación entre os distintos axentes e niveis de goberno TIC. En primeira instancia, contouse cos axentes e asociacións empresariais TIC, centros de coñecemento e centros de investigación en TIC para a definición da estratexia para o desenvolvemento dixital e fortalecemento do sector das TIC en Galicia para converter a este sector nun dos motores da economía de Galicia no marco 2014-2020.

Este documento responde ao establecido na Estratexia de Crecemento Dixital do Goberno Galego, definida en función dunha diagnose e un análise DAFO no que se presentan os puntos débiles, fortes, ameazas e debilidades, e sobre as que se priorizaron as actuacións en materia de crecemento dixital que levará a cabo a Xunta de Galicia para o novo período.

Pode consultar o texto íntegro do documento na seguinte ligazón.