Axenda dixital

Formulario de busca

Axenda dixital

Formulario de busca

Estímulo ao Crecemento do Sector TIC

Impulsar a innovación tecnolóxica, competitividade e xeración de emprego no ecosistema dixital para contribuír a posicionar ao sector tecnolóxico coma un dos sectores de referencia de Galicia é outro dos obxectivos que establece a Axenda Dixital de Galicia 2020.

Para conseguilo, asúmese o desafío de contribuír a favorecer unha contorna de colaboración entre os diferentes axentes que conforman o ecosistema dixital co fin de contribuír a consolidar en Galicia sectores enteiros que produzan colaborativamente e superen os resultados individuais. Neste senso, a posta en marcha de actuacións que permitan aunar esforzos públicos e privados, como son o Programa TransformaTIC e as actuacións orientadas ao sector que define a Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, tomarán especial relevancia no próximo período.

Así mesmo, impulsaranse actuacións tanto para impulsar as vocacións tecnolóxicas entre os máis mozos como para reforzar a adecuación da capacitación dos profesionais TIC á continua evolución tecnolóxica, co fin de asegurar que Galicia conta cos mellores profesionais para satisfacer as necesidades actuais e futuras do mercado tecnolóxico.