Plan de acción 2015

Plan de acción 2015

En 2015 a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia avanzará na consolidación das medidas establecidas na Axenda Dixital de Galicia, horizonte 2020, para garantir uns servizos públicos dixitais de calidade, especialmente, en ámbitos estratéxicos como a educación, a xustiza e o benestar; na extensión de infraestruturas de telecomunicación en todo o territorio galego e no impulso ao sector TIC como acelerador da competitividade dos restantes sectores produtivos.

Ademais, o Plan de acción 2015 amosa como principáis obxectivos a aprobación da segunda fase da Axenda Dixital de Galicia, horizonte 2020, unha aposta estratéxica para asegurar que Galicia compita como rexión de referencia no ámbito dixital a nivel europeo.

Co lanzamento desta nova estratexia da Xunta de Galicia, desenvolveranse iniciativas relacionadas co funcionamento da Administración autonómica e da súa relación coa cidadanía e o sector empresarial e industrial, con proxectos tecnolóxicos de calado para mellorar sectores primarios como a pesca, o medio ambiente, o eido forestal e servizos públicos de especial relevancia para a cidadanía como a educación, o benestar e o emprego. Nesta liña, destaca a potenciación de sectores tractores da economía galega como o Turismo e a potenciación das TIC na promoción e conservación do patrimonio cultural galego.

As medidas e actuacións para avanzar cara estes obxectivos desenvolveranse nun marco de colaboración cos axentes do sector tecnolóxico, para conseguir que o sector público poida dispoñer das solucións máis avanzadas na prestación de servizos e a incorporación efectiva da tecnoloxía nos principais sectores produtivos.

Pode acceder ao documento íntegro do Plan de acción 2015:

Plan de acción 2015