Transparencia e goberno aberto

Formulario de busca

AMTEGA

Formulario de busca

Encomendas de xestión

Segundo o artigo 8.1b da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, publicaranse encomendas de xestión que se asinen, con indicación do seu obxecto, orzamento, duración, obrigacións económicas e as subcontratacións que se realicen con mención dos adxudicatarios, procedemento sucesivo para a adxudicación e importe da mesma.

O artigo 16 da Lei autonómica 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, indica que ademais da información que se debe facer pública segundo a normativa básica en materia de transparencia, tamén indicarán anualmente, no caso dos encargos de xestión e encargos a medios propios, a porcentaxe de actividade realizada por medios propio a favor dos entes de control.

Resolución do 16 de decembro de 2015, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se encomenda a TRAGSATEC, os servizos informáticos de administración, soporte, mantemento de aplicacións e tecnoloxías desenvolvidas nos campos de conservación da natureza, calidade e avaliación ambiental e medio rural.

Resolución do 18 de decembro de 2015 pola que se encomenda á Axencia Galega de Innovación a xestión de determinadas actuacións relacionadas coa promoción e desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia.

Resolución do 29 de abril de 2016 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se encomenda á Sociedade Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., a realización dun programa de investimentos para estender a cobertura poboacional e territorial da Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia, e optimizar a prestación de servizos e aplicacións para as entidades adheridas, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.