Concursos

Concursos

Logo edg2030

Concursos EDG2030

 

Para elaboración de EDG2030  quixemos contar cos máis novos, os galegos do futuro, e recompilamos as súas achegas a través dun concurso de microrrelatos e debuxos. Rapazas e rapaces de 5 a 18 anos de toda Galicia nos trasladaron a súa visión da Galicia dixital do 2030. Os seis gañadores: Iago, Noa, Naiara, Iria, Antía e Breixo nos contan o porqué da súa creación . Parabéns a todos!

Concurso de debuxo “Captura a sociedade dixital!” - FINALIZADO

213 alumnos e alumnas de Educación Primaria, de entre 5 e 12 anos, participaron neste concurso no que plasmaron nun debuxo o impacto que terá a dixitalización na sociedade galega no 2030: o uso das TIC, novos hábitos e necesidades que xorden pola transformación dixital, as oportunidades derivadas da aplicación das novas tendencias dixitais, etc.

 

Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030” - FINALIZADO

120 estudantes de ESO ou Bacharelato, de entre 11 e 18 anos, participaron neste concurso para describir a través da redacción dun microrrelato como imaxinaban que os avances tecnolóxicos e o uso das TIC podían mellorar o noso día a día nos dez próximos anos.