Documentos

Formulario de busca

Documentos

Formulario de busca

Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020

O Plan de Inclusión Dixital constitúe a aposta do Goberno Galego para a consecución dunha sociedade plenamente dixital en Galicia. Para a obtención deste obxectivo, o Plan defínese cun horizonte temporal a 2020.

30/05/2016

O Plan concíbese como unha iniciativa para toda a cidadanía galega, xerando as bases e condicións para que calquera persoa poida beneficiarse das súas accións, permitindo a súa evolución e avance na explotación das TIC, independentemente do nivel dixital no que se atope.

Esta iniciativa ten coma misión conseguir que todas as persoas teñan, por igual, a oportunidade de acceder, coñecer e utilizar Internet e as tecnoloxías, co fin de paliar a fenda dixital e social existente e fomentar a sociedade dixital. E marca a visión de que todos os galegos e galegas empreguen as TIC como medio para a innovación social dixital e o empoderamento cidadá.

A nivel operativo, o Plan estrutúrase en tres grandes eixos estratéxicos, que darán continuidade ao impulso da sociedade dixital, á vez que preparan a Galicia para os novos desafíos que xa son unha realidade no mundo dixital:

  • Un primeiro eixo, coa redución da fenda dixital e a creación de hábitos de uso das TIC entre a cidadanía como principais obxectivos.
  • incremento dos coñecementos dixitais, co fin de promover un uso máis avanzado das TIC, como segundo eixo.
  • Finalmente, máis alá dos desafíos que se abordarán nos dous eixos anteriormente descritos, o terceiro traballará activamente na preparación de Galicia para os novos usos e aplicacións dixitais, fomentando o uso das TIC como unha forma innovadora de resolución dos desafíos sociais.

Para máis información pode consultar o texto íntegro do Plan: