Documentos

Formulario de busca

Documentos

Formulario de busca

Plan de Administración e Goberno Dixitais 2020

O Plan de Administración e Goberno Dixitais 2020 da continuidade ao Plan de Modernización da Adminsitración pública no relativo a implementación de iniciativas que fomenten o uso da administración electrónica por parte da cidadanía e no desenvolvemento dos desafíos propostos na Axenda Dixital para Galicia en este eido.

08/09/2016

As políticas e directrices europeas levan tempo traballando na promoción dunha sociedade cada vez máis aberta e competitiva, baseada na economía dixital, poñendo especial atención na Administración electrónica como impulsora da inclusión e a calidade de vida. Ante este contexto, a Xunta de Galicia estableceu nos últimos anos o obxectivo prioritario de lograr servizos eficientes e próximos mediante o emprego das tecnoloxías da información avanzando cara unha Administración electrónica capaz de relacionarse coa cidadanía e as empresas mediante as canles electrónicas.

O uso das TIC nos distintos ámbitos de relacións entre a Administración e a cidadanía achega unha gran cantidade de melloras, entre as que se adoita mencionar o aumento da eficiencia e da calidade do servizo, pero sobre todo, a posibilidade de eliminar as barreiras horarias (servizo 24 horas, sete días á semana) e físicas (independencia da localización física do cidadán).

O Plan de Administración e Goberno dixitais 2020 orientase a:

  • Dar continuidade ao “Plan de Modernización da Administración Pública” para garantir a consolidación das iniciativas comenzadas.
  • Fomentar o uso da Administración electrónica por parte da cidadanía, polo que se traballará na mellora da calidade dos servizos, accesibilidade, segmentación e personalización de servizos.
  • Recoller os principios e estratexias dos contextos europeos e estatais.
  • Desenvolver os desafíos propostos pola nova “Axenda Dixital para Galicia”, no eido de actuación deste Plan.
  • Converterse no instrumento para o desenvolvemento das estratexias do goberno galego referidas, entre outras ás establecidas no proxecto de “Lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa Administración” ou do anteproxecto de “Lei de transparencia e bo goberno”.

A continuación pode acceder ao documento íntegro: