Convenio polo que se modifica o convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego para o desenvolvemento de actividades no marco do programa ViraxeTIC, para a moderni

Convenio polo que se modifica o convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego para o desenvolvemento de actividades no marco do programa ViraxeTIC, para a modernización e innovación tecnolóxica no ámbito dos contidos dixitais de Galicia.

Asinado o 13 de setembro de 2016 entre a Amtega, o Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego

Asinado o 13 de setembro de 2016 entre a Amtega, o Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego

Este convenio modifica o Convenio asinado o 29 de xullo de 2016. Este convenio establece:

  • Modifícase o parágrafo sexto da cláusula sexta do convenio de colaboración, do 29 de xullo de 2016, entre a Amtega, o Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego para o desenvolvemento de actividades no marco do programa ViraxeTIC, que queda redactada coa seguinte redacción:

    “Os Clústeres presentarán ante a Amtega a xustificación da subvención. O prazo para presentar a xustificación finaliza, respectivamente, o 18 de novembro de 2016 para a anualidade do 2016 e o 31 de outubro de 2017 para a anualidade do 2017 e se presentará a seguinte documentación xustificativa: ”
     
  • Mantense a vixencia do convenio en todo o demais.