Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para levar a cabo a mellora e a instalación do equipamento de detección e extinción de incendios no espazo anexo á sala princip

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para levar a cabo a mellora e a instalación do equipamento de detección e extinción de incendios no espazo anexo á sala principal de equipos (Fase II) do Centro de Procesos de Datos Integral da Xunta de Galicia.

Asinado o 24 de maio de 2016 entre Amtega e Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Asinado o 24 de maio de 2016 entre Amtega e Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Este convenio ten como finalidade a mellora e instalación de equipamento de detección e extinción de incendios na sala mencionada. As accións que se desenvolverán en base ao presente convenio son:

  • Acondicionamento inicial do espazo, mediante a substitución da porta de acceso, a instalación de sinais de evacuación, de rexillas de extracción de aire e de alumeado e tomas de corrente.
  • Montaxe e posta en funcionamento dun sistema de detección e outro de extinción de incendios.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de 154.884 euros.