Do turismo tradicional ao turismo intelixente

Do turismo tradicional ao turismo intelixente

Do turismo tradicional ao turismo intelixente

Facer de Galicia un destino turístico intelixente, consolidado sobre unha infraestrutura tecnolóxica de vangarda, que facilite a interacción do visitante coa contorna antes, durante e despois da viaxe.

Promoverase a prestación de servizos personalizados, susceptibles de mellorar a experiencia do visitante ao permitirlle unha interacción continua coa contorna ao longo de toda a súa viaxe. Isto supón un proceso de cambio que xa comezou co Plan Smart Turismo 2014-2020, integrado no Plan Integral de Turismo 2014-2020, e que require seguir traballando na consecución dos seguintes obxectivos:

Icono lista  Impulsar a cohesión e colaboración do sector turístico galego como aspecto esencial para aumentar a súa competitividade e potencial

Icono lista  Transformar Galicia como destino turístico, mellorando a experiencia do viaxeiro de xeito que se favoreza a atracción de futuros visitantes e se fidelice a aqueles que xa visitaron a rexión

Icono lista  Potenciar o Camiño de Santiago como produto turístico singular e universal de Galicia, a través da liña SmartCamiño

 

Descargar documento: