Do Goberno electrónico ao Goberno Aberto

Do Goberno electrónico ao Goberno Aberto

icono roda

Do Goberno electrónico ao Goberno Aberto

Xerar maior valor á sociedade mediante un uso innovador das TIC que permita á Administración galega facer partícipe á sociedade na definición e execución das solucións que precisa.

Impulsarase unha nova forma de relación bidireccional, permanente e transparente entre a Administración e a sociedade, que consiga a súa participación efectiva nos procesos de decisión, colaboración e control da Administración. Para iso, traballarase nos seguintes ámbitos de actuación:

  Reforzar a confianza na Administración galega asegurando a transparencia e accesibilidade á información que permita á cidadanía levar a cabo un mellor control da actividade pública

  Promover o aproveitamento do potencial económico e social da información en poder da Administración galega mediante o impulso de políticas para a apertura de datos e reutlización da información

  Favorecer o dereito da cidadanía a participar activamente nos asuntos públicos para contribuír ao incremento da calidade e efectividade da toma de decisións

 

 

Descargar documento: