Plan de Banda Larga 2020

Formulario de busca

Despregamentos de redes de banda larga ultrarrápidas

Formulario de busca

 Despregamentos de redes de banda larga ultrarrápidas

 

A Xunta de Galicia, no marco do Plan de Banda Larga 2020, concedeu en xullo de 2016 unha convocatoria de axudas ao operador R Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A destinada a despregar redes de banda larga ultrarrápida de máis de 100Mbps nos polígonos industriais que non contan con cobertura nin previsión de tela.

Estes despregamentos contarán cunha inversión pública de 3,4 millóns de euros no período 2016-2018 e xerarán un investimento total de de 5,2 millóns de euros.

Os obxectivos que se acadarán serán os seguintes:

  • Cubriranse un total de 81 polígonos industriais, 31 máis que o mínimo fixado na convocatoria. Deste xeito, superarase o obxectivo inicial do 55% establecido polo Plan chegando a acadar xa o 79% dos polígonos de Galicia con redes de máis de 100Mbps.
  • A finais de 2016 comezarán a dispor de cobertura un total de 17 polígonos no período 2017 – 2018, dotarase de acceso ás redes ultrarrápidas aos polígonos restantes ata acadar os 81 totais. Concretamente 30 polígonos no 2017 e 34 no 2018.
  • O servizo ofertado alcanzará os 350Mbps de velocidade de baixada e 35Mbps de subida cunha garantía de caudal do 80%. Supérase así o mínimo establecido na convocatoria de 100Mbps/20Mbps.