De servizos electrónicos a servizos móbiles dixitais

De servizos electrónicos a servizos móbiles dixitais

icono roda

De servizos electrónicos a servizos móbiles dixitais

Aumentar a inmediatez e a capacidade de resposta do goberno galego e incentivar unha sociedade máis conectada a través da promoción de novos servizos dixitais móbiles.

Avanzarase nos servizos en mobilidade para permitir á Administración desenvolver unha nova gama de servizos dixitais, que vaian máis aló de realizar a portabilidade dos existentes á nova contorna, ofrecendo unha mellor capacidade de resposta á sociedade con maior eficiencia. Así, impulsaranse actuacións para a extensión de servizos móbiles dende unha tripla perspectiva:

  Transformar a Administración nunha entidade máis conectada que responde ás necesidades da sociedade dun xeito máis eficaz e eficiente

  Aumentar a proximidade da Administración á cidadanía a través do impulso de aplicacións e servizos móbiles

  Mellorar a produtividade e competitividade do tecido empresarial grazas ao uso da canle móbil como vía para relacionarse coa Administración

 

 

Descargar documento: